Menos impostos para atraer veciños a case todas as parroquias da Mariña

s. s. VIVEIRO / LA VOZ

A MariÑA

PEPA LOSADA

A Xunta intenta combater o despoboamento abaratando a compra de vivendas

02 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Case todas as parroquias de catorce municipios da Mariña, exactamente 120, están consideradas oficialmente como pouco poboadas. Só o concello de Burela e os núcleos principais dos concellos máis habitados quedan fóra das localidades onde a Xunta ve «máis necesario recuperar poboación» ofrece bonificacións por comprar casas. Nun intento de atraer veciños, o Goberno galego rebaixa de 7 ao 5 % o imposto sobre transmisións a quen adquiran vivendas habituais e do 10 ao 6 % ao resto.

As deducións en Viveiro son posibles en Faro, Landrove, Magazos, Vieiro, San Pedro, Boimente, Chavín, Galdo e Valcarría. En Foz aplícanse en Fazouro, Cangas, Cordido, San Martiño, Nois, San Acisclo, Santa Cilla e Vilaronte. Piñeira, Vilaselán, Arante, Cedofeita, Couxela, Covelas, A Devesa, Rinlo, Vilaframil e Santalla son as de Ribadeo incluídas no plan da Xunta.

Tamén hai opción a bonificacións en Castelo, Cervo, Rúa, Sargadelos, Vilaestrofe e Lieiro, no concello de Cervo . E no de Mondoñedo , en todas: Argomoso, Couboeira, Figueiras, Masma, Santa María, San Vicente, Oirán, Sasdónigas, Viloalle, Vilamor, Lindín, Os Remedios, O Carme e Santiago.

Igualmente poden pedirse en todo Xove: Lago, Monte, Morás, Portocelo, A Rigueira, Sumoas, Xuances e Xove. As rebaixas tamén cobren todo Barreiros: San Cosme, San Pedro, Cabarcos, San Xusto, Celeiro de Mariñaos, San Miguel, Reinante e Vilamartín Pequeno. O mesmo pasa na Pontenova, con deducións en Bogo, Conforto, A Pontenova, Rececende, Vilaboa, Vilameá, Vilaoudriz, Vilaouruz, Vilarmide e Xudán.

En Lourenzá cobren adquisicións en Santo Adrao, San Xurxo, Santa María e San Tomei. Igual pasa en todo O Valadouro: Budián, O Cadramón, Frexulfe, Moucide, Recaré, San Tomei, Santa Cruz, Vilacampa, A Laxe e Ferreira. Tamén abarca todo Alfoz: Adelán, Lagoa, As Oiras, O Pereiro, Bacoi, Carballido, Castro de Ouro, San Pedro e O Reirado. O mesmo sucede no Vicedo, con bonificacións no Vicedo, San Román, Suegos, Riobarba, Negradas, Mosende e Cabanas.

A opción deses descontos repítese en todas as parroquias de Trabada (Valboa, Fórnea, Ría de Abres, Sante, Trabada, Vidal, Vilaformán e Vilapena) e nas de Ourol (Ambosores, Bravos, San Pantaleón, Merille, Miñotos, Ourol, O Sisto e Xerdiz.