Mensaxes a quen decide a pesca

s. ou.

A MariÑA

PEPA LOSADA

Voces do sector, da política e da ciencia analizan en Celeiro a xestión

28 novs 2019 . Actualizado ás 20:36 h.

Cinco das trece relatorios do foro de Celeiro ratifican cuán atentos están os profesionais a quen decide a pesca, zarandeando barcos desde despachos. En menos de tres semanas os euroministros diranlles que poden facer no 2020. Só agardan o menos malo dun regateo político onde o sector figura como protagonista. Recomendacións científicas e obxectivos políticos trazan as rutas de homes e mulleres empeñados en vivir da pesca. De pouco valerá un mar cheo de peixes, insisten, se non queda quen os capture para seguir alimentando ao planeta e xerando emprego e riqueza.

Ademais de cotas e TACs, teñen moitos nomes as tormentas da pesca: PPC, RMS, veto aos descartes, brexit, control, FEMP, escaseza de tripulantes, contaminación mariña, cambio climático, competencia desleal, pesca IUU ou INDNR…

A visión do sector debullarana mañá Gerard J. van Balsfoort, presidente da Alianza Europea da Pesca (EUFA, nas súas siglas en inglés) e Javier Garat Pérez, secretario xeral de Cepesca, a Confederación Española de Pesca. Balsfoort centrarase no momento actual do brexit, aínda con demasiadas incertezas sobre as súas consecuencias e ameazas para flota comunitaria. Tras el subirá ao estrado na confraría Garat, cunha panorámica xeral do «crucial 2020 para o sector pesqueiro español».

A actividade da flota decídese en despachos. Foto P. L.