Un empate que sabe a pouco

La Voz RIBADEO / LA VOZ

A MariÑA

PEPA LOSADA

Ribadeo e Residencia asinaron táboas no derbi provincial nas Valgas

17 novs 2019 . Actualizado ás 22:29 h.

Ribadeo e Residencia asinaron táboas no campo das Valgas, en San Miguel de Reinante. O encontro respondeu ao que é un derbi provincial. Foi un choque con dúas partes ben diferenciadas. Na primeira entrega dominou o cadro local, que gozou de ocasións claras para adiantarse no marcador. Criss, Luky e Mauro puideron marcar.

Na segunda parte cambiou o guion, e neste tramo de encontro foi a Residencia que dominou e puido marcar. A máis clara tívoa co tempo cumprido. Este empate deixa ao Ribadeo na cuarta praza, con 24 puntos, mentres que a Residencia queda na décimo cuarta posición, con 15.

Un empate que sabe pouco a un Ribadeo en gran forma, que segue crecendo e que tivo unha gran oportunidade de recortar maior distancia cos rivais que lle superan na táboa, e que tamén se deixaron puntos.

?Ribadeo: Carreira; Mario, Diego Fraga, Santi, Poratti; Campos, Isma, Hermida, Criss; Aitor e Brais. Tamén xogaron Martín Traba, Carlos, Vizoso e Pardiño

 Residencia: Daniel Pérez; Taylor, Bello , Sergio, Esteban; Rasilla, Veloso, Morandeira, Besteiro; Lucas e Josito. Tamén xogaron Iago, Azmil, Artai e Silvosa

 Árbitro: Alejandro do Río. Amoestou ao xogador do Ribadeo, Martín Traba, e aos da Residencia, Besteiro, Bello e Héctor

 Incidencias: Partido da xornada trece do grupo norte da Preferente, que se disputou no campo das Valgas