O Carferlo Viveiro activa a súa versión máis sólida no gran derbi mariñán

Iván Díaz Rolle
I. Diaz Rolle FOZ / LA VOZ

A MariÑA

PEPA LOSADA

Un mal inicio condenou ao Celtas no duelo de rivalidade mariñá

16 novs 2019 . Actualizado ás 22:16 h.

O derbi mariñán da Primeira División de baloncesto dá un xiro radical ás sensacións dos dous grandes expoñentes do deporte na comarca. O Carferlo Viveiro ao fin conseguiu un triunfo e sae do Pavillón Torques de Marzán coa moral polas nubes (42-52). As dúbidas trasládanse agora ao seu veciños do Macrocopia Celtas de Foz, que tras un inicio prometedor, enlazan tres derrotas consecutivas.

A mellor posta en escena dos de Carlos Novo foi decisiva. Os viveirenses chegaron ao descanso con 11 puntos de vantaxe e mantiveron a súa concentración os 40 minutos para coidar a súa renda. O conxunto de Armando Otero estivo negado pese ao impulso dun pavillón cheo e as súas malas porcentaxes de tiro remataron de condenalos (apenas un 25% en lanzamentos de dous).

?Macrocopia Celtas de Foz: Anxo Cao (3), Miguel Rivas, Prada, Lanzós (1), Johanny (2), Beto (6), Brais Paz (3), Adrián Suárez (19) e Jorge (8). 

Carferlo Viveiro: Pepe (4), Diego Pedrosa (4), Félix Ferro (11), Fabián Castro (1), Luis Fernández (7), Pablo Martínez (8), Piñón (1), Roberto (10) e Sebas (6). 

Parcial por cuartos: 6-8, 9-18, 20-14 e 7-12. 

Árbitro: Casal Rodríguez. 

Incidencias: Uns 500 afeccionados gozaron o derbi mariñán de baloncesto na Primeira División galega no Torques de Marzán.