Aparatosa saída de vía na A-8 en Barreiros

La Voz BARREIROS / LA VOZ

A MariÑA

31 oct 2019 . Actualizado ás 21:08 h.

Dúas persoas resultaron feridas leves nun accidente de tráfico ocorrido sobre as catro e media da madrugada na autovía do Cantábrico, no termo municipal de Barreiros. Por causas que se descoñecen, o vehículo saíuse da vía, producíndose un impacto a consecuencia do cal o coche quedou visiblemente danado. A pesar da violencia do coche, por fortuna os dous ocupantes resultaron feridos leves.