A beberaxe infalible para acabar coas avespas asasinas

S.C. VIVEIRO / LA VOZ

A MariÑA · Exclusivo subscritores

PEPA LOSADA

Tan efectivo como o mel e a auga nun bote de cristal; José M. Vázquez, de Serpa, recoméndao

19 sep 2019 . Actualizado ás 21:47 h.

O mel con auga nun bote de cristal (que recomenda un mozo de Padrón como trampa eficaz contra as velutinas), non é a única beberaxe efectiva.

José María Vázquez, da empresa Serpa, é todo un experto en combater avespas velutinas. Leva anos facéndoo e con eficacia por toda A Mariña e Galicia; ultimamente tamén é solicitado noutras comunidades.

El recomenda outra beberaxe especialmente efectiva contra as raíñas, e simple: zume de arándanos, nun 70%, e cervexa negra con alcol nunha proporción do 30%. «Funciona, moi eficaz. Erradicar as raíñas é fundamental para que non se propague máis a praga».

No Valadouro e Viveiro

Recomendouno a numerosos veciños e dá resultado. José María Vázquez encárgase de combater as velutinas no Valadouro, Burela e Viveiro e noutras localidades onde son solicitados os seus servizos: «Alí, no Valadouro, conseguimos estabilizar os niños e en Viveiro puxemos 1.330 trampas e conseguimos capturar case mil reinas, ademais de ter destruído 150 niños baixando á metade o número de niños existentes».

José M. Vázquez traballa noutro novo método igualmente eficaz contra as avespas asasinas. Aínda que esa mestura de zume de arándanos e cervexa negra é altamente eficaz; tamén a auga e o mel (curiosamente, produto que elaboran as vítimas das velutinas) .

Todos os sistemas serán poucos para combater esta praga que arrasa A Mariña desde un principio, hai xa anos, e que se estendeu por toda a comunidade galega con rapidez; tamén polo Occidente asturiano. Unha praga que parece imposible erradicar e que ademais causou xa vítimas, tamén na Mariña