«Seguiremos na rúa hasta que o Goberno blinde as pensións»

La Voz MONDOÑEDO / LA VOZ

A MariÑA

Os xubilados non cejan ndos seus actos reivindicativos, o luns en Barreiros e este xoves en Mondoñedo

12 sep 2019 . Actualizado ás 20:56 h.

Pensionistas da Mariña non ceden nas súas reclamacións. Levan meses participando en concentracións e cada vez que se reúnen reafírmanse no seu propósito de seguir niso ata que o Goberno atenda as súas demandas: blindar por lei unhas pensións xustas nos Orzamentos Xerais do Estado.

O luns volveron concentrarse ante o consistorio de Barreiros e onte fixérono en Mondoñedo.

E seguirán a pé de rúa, cun lema común: «Goberne quen goberne as pensións deféndense». Acudiron representantes de colectivos de varios municipios da Mariña, que inciden en que a súa demanda e que eles, xubilados, defenden, é algo que incumbe a toda a sociedade.