A mil por hora nos coles en obras

s. c. / p. l. / x. r. FOZ/BURELA/LA VOZ

A MariÑA

XAIME RAMALLAL

Os colexios Virxe do Carme de Burela e Ceip 1 de Foz estaban acabando este martes a limpeza en zonas xa libres de obras

11 sep 2019 . Actualizado ás 14:24 h.

A cen non, a mil por hora estiveron este martes os operarios de obras e persoal de limpeza para ter listos no posible os centros en obras para este mércores que empeza o curso. Incluso algún persoal docente tamén colaborou nas devanditas tarefas.

La Voz accedeu o martes pola tarde ao Ceip Número 1 de Foz, onde estaban en plena operación de limpeza, e tamén no colexio Virxe do Carme, que sufriu unha reforma moi completa e necesaria este verán. No colexio de Cervo non se nos permitiu entrar, tampouco pola tarde aínda que pola mañá as autoridades habíannos remitido á tarde.

Algúns pais e nais xa indicaban que non ían enviar aos seus fillos esta semana, molestos pola situación e os apuros de última hora para empezar o curso «como sexa». As obras de mellora eran necesarias, pero estes apuros quizais non.