O Xove FS desprázase a Begonte para enfrontarse ao equipo local

La Voz XOVE / LA VOZ

A MariÑA

PEPA LOSADA

O partido comezará este mércores ás 21.00 horas

20 ago 2019 . Actualizado ás 20:54 h.

Tras disputar o pasado 14 o primeiro partido de pretemporada en Outeiro de Rei fronte ao conxunto que milita en 3ª Divisións (con vitoria 0-4), o SD Xove FS desprázase este mércores, 21, a Begonte para enfrontarse ao equipo local (21 horas). Será o último partido de preparación antes de disputar o vindeiro sábado, ás 20 horas, o primeiro partido oficial da tempada en San Cosme fronte ao Praias de Barreiros FS, correspondente á primeira eliminatoria da Copa Galicia. O 29 será no municipal xovense o Torneo X Aniversarios fronte ao O Parrulo FS. Seguiralle a disputa de Cópaa Deputación antes de dar comezo a competición o 14 de setembro.