A recadación contra o cancro de Foz superou os 6.800 euros

La Voz FOZ / LA VOZ

A MariÑA

CEDIDA

07 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

José Ramón Couto, responsable da delegación focense da AECC, agradeceu a colaboración dun centenar de voluntarios e de veciños e visitantes que o domingo se envorcaron coa colecta contra o cancro. Confirmou que nas dez mesas solidarias reuníronse máis de 6.800 euros. Destacou que este ano, por primeira vez, participaron membros das comparsas de Entroido (As Farangullas, As Trouleiras, Sen Xeito, Malo Será, Tas que pías, Terapia de grupo e Vanche Galanas).

Lembrou que as achegas permitiron o ano pasado á AECC atender a 490.987 persoas «para darlle resposta ás súas necesidades psicolóxicas e sociais; puido atender 75.627 chamadas ao teléfono de infocáncer as 24 horas do día todos os días do ano e ademais puidéronse financiar 334 proxectos de investigación por importe de 56 millóns de euros».