Focenses, a título particular, doan para axudar ao padeeiro Xoel García

s. curral FOZ / LA VOZ

A MariÑA

NACHO ROMILLO

O mozo de Foz, é campión de España xuvenil e foi bronce o pasado ano no Mundial de Bulgaria con España

13 jul 2019 . Actualizado ás 22:40 h.

Necesita 1.700-2.000 euros para viaxar e pagarse a estancia do 1 ao 4 de agosto en Romanía, onde se disputa o Mundial de Piragüismo Júnior e sub23. O novo padeeiro focense Xoel García lanzou unha campaña para recadar fondos; desde que saíu en La Voz esta semana a resposta de moitos focenses, veciños, a título particular, non se fixo agardar. Xoel García é xa campión de España xuvenil e o pasado ano obtivo medalla de bronce para España no Mundial de Bulgaria.