Foz lembra aos 12 falecidos do «Nazareno» no Canto á Virxe do Carmen, de Chingla

La Voz FOZ / LA VOZ

A MariÑA

XAIME RAMALLAL

A peza presentarase este domingo, na novena cantada por Mar Aberto

12 jul 2019 . Actualizado ás 21:08 h.

Foz xa está inmerso nas súas festas do Carmen, que terá unha das súas citas destacadas este domingo, cando na misa de novena (20.00 horas), que cantará o grupo Mar Aberto, preséntese a canción «Canto á Virxe do Carmen», con música e letra de Javier Alonso, Chingla.

A peza, que interpretará en primicia o propio Chingla e Mar Aberto, ten a seguinte letra:

«Non hai nada neste mundo / que se venere con máis fervor / que á Virxe do Carmen / da nosa amada, vila de Foz.

Os mariñeiros soñan /bicar o seu manto e de preto ver, / a cara máis fermosa / que puxo Deus nunha muller.

A Virxe sae en procesión / aos ombreiros da xente vai, / as rúas ao seu paso son / alfombras feitas con amor.

O pobo na rúa está / á seguir con devoción, / as bágoas ao lembrar / aos náufragos do mar.

Nos anos corenta / unha traxedia o pobo viviu / pois houbo unha galerna / e o Nazareno nela, afundiuse.

Os seus doce tripulantes / deron a súa vida e o seu corazón, / á Virxe do Carmen / e El no ceo colmounos de amor.

O día 19, en Sons na Rúa

Tras esta estrea, o día 19, dentro do ciclo Sons na Rúa, ás 21.00 horas na praza Pardo de Cela actuará Mar Aberto, onde con Chingla volverá interpretar o Canto á Virxe do Carmen.