Aitor deixa o Viveiro por razóns laborais e volve ao San Ciprián

La Voz

A MariÑA

15 jun 2019 . Actualizado ás 15:34 h.

Aitor volve a casa. O cotizado xogador mariñán regresa ao CD San Ciprián despois de verse obrigado a deixar o Viveiro por motivos laborais. Esta incorporación e as renovacións xa pechadas confirman que o equipo da Veiga, con Carra como novo adestrador, quere regresar canto antes a Primeira Galicia.