A reconquista burelista en Primeira División queda para outra

La Voz

A MariÑA

O Peixes Rubén venceu ao pechacancelas, pero o Atlético de Madrid proclamouse campión

01 jun 2019 . Actualizado ás 21:47 h.

Non puido ser. O Peixes Rubén-Burela chegaba á última xornada de con opcións de reconquistar o título tres anos despois, pero a súa goleada en Sabadell foi insuficiente. As burelistas necesitaban un tropezo do Atlético de Madrid en Alcorcón, pero as colchoneiras non se deixaron sorprender e impuxéronse por 0-2. O desquite está servida na Copa de España que se xogará no Vista Alegre do 14 ao 16 de xuño e cuxo cadro de competición quedou definido en función da clasificación final. As burelistas cruzaranse co Universidade de Alacante, sétimo, nos cuartos de final, e nas semifinais atoparíanse co vencedor derbi galego entre o Ourense Envialia e o Poio Pescamar.

Femisport Palau: Raquel, Carri, Ana, Marta, Sandra ?quinteto inicial?, Luján, Collado, Cris e Mariona

Peixes Rubén-Burela: Ana Romero , Cami, Luci, Dany, Lara Balseiro ?quinteto inicial?, Jenny, Bea Mateos, Popó, Alves e Jozi

Goles: 0-1, min 12: Bea Mateos. 0-2, min 13: Cami. 0-3, min 24: Lara Balseiro. 0-4, min 29: Luci. 0-5, min 30: Collado, en propia meta. 1-5, min 32: Collado. 1-6, min 34: Popó.

Árbitros: López López e López Díaz, do colexio catalán. Só mostraron a cartolina amarela á xogadora burelista Popó no minuto 35.

Incidencias: Partido da última xornada disputado no Pavillón Sabadell Nord.