Peixes Rubén e Atlético deixan para o final o alirón de Primeira

I.M.B.

A MariÑA

As burelistas venceron ao Universidade de Alacante e as colchoneiras golearon ao Leganés

25 may 2019 . Actualizado ás 20:42 h.

Peixes Rubén: Jozi, Bea Mateos, Cami, Luci, Dany ?quinteto inicial?, Cilene, Jenny, Lara Balseiro, Popó e Cristina

 UA Alacante: Jeni, Ana María, Elena García, Ana Terrés, Ángela Mingot ?quinteto inicial?, Carmen, Mónica e Raquel

Goles: 1-0, min 2: Bea Mateos. 2-0, min 8: Bea Mateos. 2-1, min 9: Elena García. 3-1, min 16: Bea Mateos. 3-2, min 17: Ángela Mingot.

Árbitros: Rey Hermida e Presedo García (Galicia). Amarelas ás locais Jenny e Dany.

Incidencias: Preto de 400 persoas no pavillón de Vista Alegre.

Todo segue igual no cume da Primeira División feminina. O título de liga decidirase nos últimos 40 minutos dun campionato hexemónico, dominado dun xeito insultante desde moi pronto polos dous equipos que na xornada final decidirán o título: Peixes Rubén-Burela e Atlético de Madrid. As colchoneiras chegarán á despedida cunha boa vantaxe, dependendo de si mesmas na cancha do Alcorcón despois de golear ao Leganés (5-0), mentres que as burelistas, coa súa sufrida vitoria ante o Universidade de Alacante, visitarán ao xa descendido Femisport Palau suplicando pola sorpresa que as converta en campioas.

Bea Mateos foi a protagonista indiscutible da vitoria das guerreiras laranxas ante o cadro alacantino. En pouco máis dun cuarto de hora asinou un hat-trick determinante no resultado, pero que con todo non facilitou demasiado as cousas ao seu equipo porque o rival respondeu case de inmediato a cada arreón burelista. A emoción foi o ingrediente principal no enfrontamento disputado no pavillón de Vista Alegre.