Chegan a Viveiro os primeiros participantes do Raid Gallaecia 2019

Lucía Rey
Lucía Rey VIVEIRO / LA VOZ

A MariÑA

Pepa Losada

O equipo danés foi o primeiro en chegar ao Fuciño do Porco

15 may 2019 . Actualizado ás 12:35 h.

Os primeiros participantes do Raid Gallecia 2019 comezaron a chegar a Viveiro, meta final desta espectacular carreira extrema de 500 quilómetros. Ao redor das dez da mañá deste mércores, o equipo danés Team Yeti, integrado por Bjarke Refslund, Henrik Leth Jorgensen, Torbjorn Gasbjerg e Laura Lambaek Knudsen, aparcaban as súas bicicletas no porto deportivo e subíanse aos kaiak con destino á praia de Abrela, no Vicedo. Unha vez alí, continuaban o percorrido a pé ata O Fuciño do Porco. Chegarán á Praza Maior ao mediodía. Minutos máis tarde facía a súa aparición na dársena uno dos equipos máis agardados, o Arsweden/TBD, de Suecia, e subcampión do mundo do circuíto mundial deste tipo de citas. Na competición, que comezou en Muras o pasado domingo e percorre todos os concellos mariñáns, tamén están participando varios deportistas mariñáns. Alberto Pérez Seijas, natural de Burela, compite con o Gallaecia Raid Marmar Outdoor. Ademais, a organización incluíu por primeira vez unha sección de parellas, na que toman parte catro mariñáns divididos en dous grupos: José Manuel López Martínez e Henrique Xosé Peiteou Villares  (Pés Negros) e Fabio Chaves Rodríguez e Miguel Angel Esmoris Garcia (A Clásica).