O PP toca fondo nunha comarca onde sempre gañou, pero as locais non son as xerais
01 may 2019 . Actualizado ás 11:54 h.O PP galego resistiu mellor que o do resto de España o desastre das eleccións xerais deste domingo, e aínda que na provincia lucense mantívose como forza maioritaria, na Mariña superouno o PSOE coa mesma vitoria histórica que no resto de Galicia. Aínda que os comicios nacionais se disputan nunha liga diferente aos municipais, a primeira vez na actual democracia que superan ao seu maior rival dálles ás aos socialistas mariñáns ante a cita do 26-M.
Entre outras razóns porque o PP tocou fondo nunha comarca onde sempre foi a forza maioritaria. Agora non transcenderon pronunciamientos como o do actual coordinador comarcal do PP, José Manuel Balseiro, tras as xerais do 2011, cando declarou que se a vitoria popular de entón se «extrapolase ás municipais, todas as alcaldías serían do PP».
Todas as formacións políticas teñen en conta que o envorco deste domingo pode indicar tendencias de cara ao 26-M; entre outras razóns porque xa nas municipais do 2015, respecto das do 2011, o PP perdeu votos, concelleiros e alcaldías, que llas arrebatou o PSOE, e o BNG logrou os seus mellores resultados.
As xerais do 28-A comparten coas locais do 26-M na Mariña a presenza dos máis votados, PSOE e PP, nos quince municipios. Podemos, terceira este domingo, só concorre en Viveiro. Cidadáns, que quedou cuarto, só se presenta en Burela. O BNG, a quinta lista máis apoiada nas xerais, opta a doce alcaldías. Vox, sexto por sufraxios nas xerais, preséntase en Burela. En Marea, a sétima, configurou candidaturas en Ribadeo e Mondoñedo. A esas 52 súmanse seis independentes.
A pesar da perda de votos, o PP resistiu como o máis votado este domingo en catro dos seis municipios que goberna (Mondoñedo, Xove, Barreiros e O Vicedo), pero quedou segundo noutros dous (Foz e Cervo). O PSOE gañou nos once restantes, oito deles baixo o seu mandato (Viveiro, Burela. A Pontenova, Lourenzá, O Valadouro, Alfoz, Trabada e Ourol), dous con rexedores populares (Foz e Cervo) e no único onde manda o BNG (Ribadeo).
Das xerais deste domingo quedan outros dous apuntamentos para as municipais: Podemos, Cidadáns e Vox non repetirán resultados e CxG podería melloralos, como probablemente sucederá co BNG.
O socialista Mogo foi o máis votado en dez municipios e o popular Barreiro en catro
Ás eleccións que sitúan a dous mariñáns nas Cortes (o popular Jaime de Olano no Congreso e o socialista César Mogo no Senado) a comarca podía achegar a quinta parte dos votos da provincia. O envorco nos resultados comarcais para o Congreso notou nos da demarcación lucense, igual que o dos sufraxios para o Senado. Tamén os socialistas foron os máis apoiados nos quince municipios mariñáns, seguidos de preto polos populares. O socialista Mogo venceu en dez municipios (Viveiro, Foz, Ribadeo, Cervo, A Pontenova, Lourenzá, O Valadouro, Alfoz, Trabada, Ourol) e o popular José Manuel Barreiro quedou primeiro en catro (Burela, Mondoñedo, Xove e O Vicedo).
As tres últimas eleccións na Mariña
XENERAIS 2019 XENERAIS 2016 LOCAIS 2015
PSOE 14.147 (32,67 %) 9.200 (25,62 %) 13.261 (30,23 %)
PP 12.871 (28,64 %) 17.957 (46,40 %) 15.994 (36,46 %)
Podemos * 5.360 (10,49 %) 8.012 (16.88 %) ?
Cidadáns 3.592 (7,05 %) 2.716 (5,77 %) 586 (1,33 %)
BNG 2.628 (5,75 %) 1.369 (3,01 %) 9.446 (21,53 %)
Vox 2.162 (4,46 %) ? ?
En Marea ** 473 (0,97 %) ? ?
PACMA 432 (0,88 %) ? ?
CxG 127 (0,28 %) ? ?
Participación 74,61 % 70,78 % 76,76 %
* Podemos concorreu nas xerais do 2019 con EU, Mareas en Común e Equo; e nas xerais do 2016, con En Marea, Anova e Eu.
* * En Marea presentouse só nas xerais do 2019
Votos nas xerais de abril do 2019 e nas locais de maio do 2015
Candidaturas PSOE PP PODEMOS CIDADÁNS BNG VOX
Municipio 2019 2015 2019 2015 2019 2015 2019 2015 2019 2015 2019 2015
VIVEIRO 3.128 3.856 2.300 2.284 1.339 ? 852 ? 515 1.375 440 ?
FOZ 2.059 1.413 1.534 2.133 779 ? 648 ? 416 977 358 ?
RIBADEO 1.866 570 1.701 1.201 743 ? 566 407 336 2.887 378 ?
BURELA 1.400 1.996 1.339 1.349 781 ? 560 179 314 852 315 ?
CERVO 955 736 882 1.727 531 ? 164 ? 191 436 91 ?
MONDOÑEDO 643 564 924 1.197 175 ? 94 ? 132 602 94 ?
XOVE 550 120 839 1.385 275 ? 140 ? 158 705 82 ?
BARREIROS 530 175 640 1.023 176 ? 121 ? 221 699 113 ?
A Pontenova 666 1.009 464 420 81 ? 82 ? 61 233 69 ?
LOURENZÁ 502 788 457 626 100 ? 84 ? 89 164 68 ?
O Valadouro 482 628 404 608 120 ? 58 ? 69 187 42 ?
ALFOZ 476 460 385 621 62 ? 67 ? 56 ? 24 ?
O Vicedo 279 186 496 721 83 ? 63 ? 36 288 34 ?
TRABADA 305 435 263 400 60 ? 57 ? 20 68 41 ?
OUROL 306 325 234 299 55 ? 36 ? 14 ? 13 ?