Máis de sesenta expositores na Feira de Stocks de Vegadeo

La Voz VEGADEO / LA VOZ

A MariÑA

CEDIDA

19 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Máis de sesenta expositores participan ata o domingo na vixésimo quinta Feira de Stocks de Vegadeo. A cita comercial ten lugar no recinto feiral da poboación asturiana, e abre en horario de 11.00 a 14.00 horas, pola mañá, e de 16.30 a 20.30 horas pola tarde. A entrada é gratuíta, e os expositores proceden do Occidente asturiano e da Mariña. Predominará o sector do téxtil e o do calzado, pero tamén se poderán adquirir nela mobles, colchóns, libros, todo para o fogar, complementos ou bixutería. Nalgúns casos os descontos poden acadar o 80%. E para os nenos haberá ludoteca e xogos.