Un ferido leve nunha saída de vía en Burela

La Voz BURELA / LA VOZ

A MariÑA

CEDIDA

O accidente rexistrouse pouco antes das dúas da tarde na glorieta de acceso a Burela desde Foz

17 abr 2019 . Actualizado ás 18:30 h.

Sobre as 13.50 horas rexistrouse unha saída de vía na glorieta de acceso ao centro de Burela, na antiga N-642, onde se toma o acceso ao porto, segundo confirmaron diferentes fontes. O accidente, cun vehículo implicado, saldouse cun ferido leve, segundo as mesmas fontes. Desde o 112 confirmaron que foi un particular o que deu a voz de alarma e desde Emerxencias avisouse aos bombeiros, ao GES de Cervo, á Policía Local, á Garda Civil e a Protección Civil. Á chegada da Policía Local confirmouse que non había ningunha persoa atrapada no vehículo, segundo confirmaron desde o 112.