Convocadas concentracións do persoal do xeriátrico Domusvi, en Viveiro

Serán mañá e os días 25 e 30 de abril


viveiro / a voz

O sindicato CIG convocou concentracións do persoal do xeriátrico Domusvi de Viveiro, ante as instalacións do centro, que comezarán mañá martes e continuarán os días 25 e 30 de abril. Serán de 14.15 a 15.30 horas, co fin, di a CIG, de facilitar a participación do persoal que sae das quendas de traballo.

A convocatoria de concentracións foi tratada en asemblea de traballadores e, segundo Susana Riveira Fernández, de CIG-Mariña, responde «o incumprimento do convenio laboral. Desta volta, a empresa vén de impoñer un calendario de traballo con quendas de traballo de ata 8 días continuos, e nalgúns casos 15 días cun só día de descanso entremedias». Engade que o persoal debe facer un sobre esforzo para atender en condicións aos residentes, porque o persoal é a mínima que esixe a Xunta.

Coñece toda a nosa oferta de newsletters

Creamos para ti unha selección de contidos para que os recibas comodamente no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
2 votos
Comentarios

Convocadas concentracións do persoal do xeriátrico Domusvi, en Viveiro