As «guerreiras laranxas» defenderán o liderado de Primeira ante Esplugues

La Voz BURELA / LA VOZ

A MariÑA

XAIME RAMALLAL

21 mares 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Complicada saída este sábado do líder, o Peixes Rubén Burela FS, ante unha Penya Esplugues, sétima clasificada, que tras os últimos resultados ve perigar a súa clasificación copeira. As «guerreiras laranxas» defenderán o seu liderado. O obxectivo, gañar a liga de Primeira División do Fútbol sala Feminino, está ao alcance, pero nada é doado. Non o será. Pero a confianza nas «guerreiras» é total.

Pola súa banda, o Atlético Madrid Navalcarnero vivirá un competido derbi madrileño ante o Móstoles. Mentres o Jimbee Roldán visita a cancha do Poio Pescamar nun duelo directo coa terceira praza en xogo, que actualmente ocupan as murcianas e do que estará pendente a AD Alcorcón que recibe no seu feudo ao Sala Zaragoza.