Os anos da chamada 'guerra do ourizo'

La Voz FOZ / LA VOZ

A MariÑA

PEPA LOSADA

1998

20 mares 2019 . Actualizado ás 10:46 h.

A protesta dos ribeiregos da Mariña, reivindicando o dereito a seguir recollendo ourizos para autoconsumo, foi vixiada onte moi de preto pola Garda Civil, a policía autonómica e os axentes da Consellería de Pesca, que defende o marisqueo como actividade profesional. Os máis de cen veciños que se concentraron pola mañá na zona de Porto (Ribadeo) e Polas (Foz), regresaron a casa cos canastos baleiros porque a presenza de máis dunha vintena de axentes da orde disuadiunos da súa idea.

Os veciños de Cangas, pertrechados con cubos onde se lía o nome dalgún antepasado, viaxaron en autobús ata o litoral de Ribadeo. Alí estaban os ribeiregos dos municipios limítrofes, aínda que en número moito menor. Cara ás dez e media chegaron as unidades da Garda Civil ?seis vehículos? e os axentes da policía autonómica, reforzando aos vixiantes da Consellería de Pesca. Media hora despois baixaban parte dos axentes á praia para aconsellar aos ribeiregos que tirasen os ourizos porque de subir con eles ?aínda que fose un só, advertiron? habería multas.

Ante a posibilidade dunha sanción, os veciños verteron na praia o que recolleran. Algúns encheron o cubo de algas ou cun só ourizo ?de forma testemuñal ? para ver se «picaban» os axentes que agardaban á saída da praia, aínda que non revisaron os canastos nin usaron os equipos antidistubrbios que viaxaban nos coches da Garda Civil.

En Polas, a situación repetiuse. Os setenta veciños que, aproximadamente, concentráronse alí tamén foron advertidos de sanción.

Repetíronse vellos argumentos. Consideran inxusto que lles prohiban continuar cun costume que sempre practicaron nas súas casas. E compararon a súa situación coa dos seus veciños de Asturias. Alí calquera persoa pode recoller ata dez quilos de ourizo por persoa e marea, o que reivindican os mariñáns. Din que non é a única diferenza que existe ?para mal? entre ambas as comunidades. Alí cobran por unha licenza de pesca, para dous anos, 800 pesetas e aquí pagan 1.200 por un ano.