O caso do cura de Mondoñedo acusado de «tocar» a un mozo segue o seu proceso en Roma

La Voz MONDOÑEDO / LA VOZ

A MariÑA

PEPA LOSADA

O Obispado remitiu «o expediente á Congregación para a Doutrina da Fe» para que resolva

06 mares 2019 . Actualizado ás 13:34 h.

O caso do sacerdote acusado de tocar supostamente a un mozo en Mondoñedo, denunciado pola familia deste ante o Obispado, segue o seu proceso na actualidade; proceso propio establecido para este tipo de casos.

Desde o Obispado o sacerdote «notario na investigación previa» explica nun escrito dirixido á familia do novo, que «o expediente promovido a instancia de vostedes foi remitido á Congregación para a Doutrina da Fe, estando pendentes do que resolva».