Peque, Luci e Jenny, tres burelistas facendo historia en Portugal

La Voz

A MariÑA

Xogan desde hoxe o primeiro campionato de Europa de fútbol sala feminino

15 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Bota a rodar o balón no primeiro campionato de Europa de fútbol sala feminino da historia. Dispútase na localidade lusa de Gondomar con tres burelistas en liza: Peque e Lucía, que hoxe xogan con España a primeira semifinal ante Rusia (20.00 horas), e a portuguesa Jenny, que debutará a continuación na outra semifinal: Portugal-Ucraína.