A Federación Galega quere fomentar o atletismo na Mariña

R. l. MONDOÑEDO / LA VOZ

A MariÑA

Mondoñedo acollerá a Oficina de Traballo, tras asinar onte o convenio

12 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A Federación Galega de Atletismo e o Concello de Mondoñedo chegaron a un convenio de colaboración para establecer unha oficina de traballo da Federación Galega de Atletismo, en clave da comarca da Mariña, que abrangue 16 concellos do norte da provincia de Lugo.

O Concello de Mondoñedo, por este convenio, cede un local social en dependencias municipais á vez que, de mutuo acordo entre ambas as partes, acórdase nomear a Raúl Redondo González Ares, responsable técnico da oficina de traballo que dependerá da Delegación en Lugo da Federación Galega de Atletismo.

Onte pola tarde asinouse o acordo, estando presentes a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, o tenente alcalde e responsable de Deportes, Manuel Tapia, o novo responsable técnico da Oficina, Raúl Redondo, e por parte da Federación Galega o seu presidente, Isidoro Hornillos, e o vicepresidente de Relacións Institucionais, Jesús Vázquez, amais de José Peña ,delegado da FGA en Lugo.

A raíz deste acordo, abriranse varias vías de traballo para desenvolver dun xeito progresivo o tecido atlético na Mariña, e onte mesmo pola tarde tiveron lugar senllas reunións en Lourenzá e Burela, encontros que mantivo Isidoro Hornillos con responsables de Deporte de ambos os dous concellos. Un paso adiante que viña reclamando Adrián Ben, hoxe en día unha figura.

A idea é crear un tecido para a práctica do atletismo en todos os concellos da Mariña luguesa

Isidoro Hornillos, presidente da Federación, tamén mantivo encontros en Lourenzá e

en Burela