Paros de protesta en toda A Mariña en defensa dunha sanidade de calidade

M.C. VIVEIRO / LA VOZ

A MariÑA

PEPA LOSADA

Profesionais sanitarios, veciños e cargos públicos secundaron este martes as concentracións

12 feb 2019 . Actualizado ás 20:52 h.

Outro martes máis se repetiron os paros ante os centros de saúde da comarca. Profesionais sanitarios arroupados por veciños e por cargos públicos secundaron estas protestas convocadas para reclamar máis medios, humanos e materiais, para a atención primaria. Denuncian as carencias nas coberturas de prazas de profesionais e tamén o avance da privatización na sanidade. Tamén se reclama que os profesionais sanitarios dispoñan de tempo suficiente para atender a cada paciente. Entre outros centros, houbo paros esta mañá nos centros de saúde de Viveiro, Foz, San Cibrao, Xove ou Burela Pola tarde, ás 18 horas, está previsto outro paro no ambulatorio viveirense.