Suspendidas na Mariña as actividades no exterior dos centros educativos

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MariÑA

A Comisión Escolar de Alertas tomou a decisión ante a previsión de refachos de ventos superiores aos 100 quilómetros por hora

18 dic 2018 . Actualizado ás 12:35 h.

A Comisión Escolar de Alertas anunciou hoxe a suspensión das actividades no exterior dos centros educativos das zonas de predición meteorolóxica de suroeste da Coruña, oeste da Coruña, Rías Baixas (Ponteveddra), interior de Pontevedra e A Mariña lucense, debido a un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por refachos de ventos superiores a 100/120 quilómetros hora que comezará hoxe martes e que se prolongará ata as 15.00 horas. Indican que "a suspensión se realiza neste momento porque os avisos de alerta producíronse onte ás 23:39 horas e esta madrugadas ás 5:02 horas". A comisión decidiu que se manteña a actividade lectiva así como o transporte escolar en todos os centros educativos, aínda que os directores poderán adoptar as decisións oportunas a este respecto.