Recadan máis de 300 euros para Cáritas cunha obra de teatro en San Martiño en Foz

La Voz

A MariÑA

CEDIDA POR JOSÉ PEITEOU

18 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Algo máis de 300 euros foi a recadación con destino a Cáritas que o grupo teatral O Centiño de San Martiño en Foz conseguiu nunha gala benéfica que consistía nunha representación teatral. O local de Ferreiravella acolleu a case 70 espectadores para ver a Adala de Fazouro, outro dos grupos de teatro afeccionado do municipio focense, interpretar a peza chamada A consulta e tamén un monólogo que correu a cargo de Susana Álvarez. Esta gala é un costume que O Centiño fai por Nadal.