Rivais complicados para o Pontenova, Burela e San Ciprián


viveiro / a voz

A veciñanza e rivalidade entre Pontenova e Riotorto, concellos limítrofes, fan que os encontros entre os dous conxuntos adquiran sempre un matiz especial. Pero nesta ocasión, o derbi de Primeira Galicia ten outras tinguiduras, pola situación oposta dos dous conxuntos e porque o Riotorto pode afundir ao Pontenova na clasificación.

Ao partido que se disputará o vindeiro domingo a partir das catro da tarde no campo da Veiga, o Riotorto chega como quinto clasificado e nun moi bo momento de forma. Das trece xornadas disputadas, o Riotorto perdeu os dous primeiros encontros, acumulando despois, ata agora, once xornadas seguidas sen coñecer a derrota. Iso levantoulle ao quinto posto, con seis vitorias, cinco empates e as dúas derrotas sinaladas.

A traxectoria do Pontenova é moi diferente. Só logrou un triunfo, como visitante fronte ao Outeiro de Rei, e tres empates, o último a pasada semana como local no campo da Mina frontes ao Monterroso (2-2).

Con once goles a favor e 34 en contra, o Pontenova só ten seis puntos e é último clasificado.

Non lle van moito mellor as cousas ao Xove, que é penúltimo con 9 puntos, aínda que cun partido menos. Tras a derrota sufrida o domingo en Outeiro de Rei, para os xovenses o encontro que se disputará o domingo no Municipal de Xove a partir das 16.30 horas fronte á Ou.D. Pastoricense ten gran importancia, por ser un rival alcanzable. E máis si os mariñáns teñen un pouco máis de fortuna, a que lles faltou nas cinco últimas xornadas para lograr unha vitoria (o Xove empatou catro partidos 1-1 e perdeu outro).

Outros partidos

Nos outros encontros da xornada de Primeira Galicia con conxuntos mariñáns en liza, o Burela recibirá ao Outeiro de Rei, o domingo a partir das catro da tarde na Marosa e o San Ciprián desprazarase ao campo do Santaballés. O partido será mañá sábado, a partir das catro da tarde.

Contra segundo e terceiro

Trátase de encontros complicados. O Burela (décimo con 17 puntos) medirase a un rival difícil, o Outeiro de Rei, que é segundo con 26 puntos, mentres que o San Ciprián, décimo terceiro con 14 puntos, xogará contra o terceiro clasificado, o Santaballés, cos mesmos puntos que o Outeiro de Rei. O conxunto cervense, de sufrir un tropezóns podería verse superado na táboa e colocarse nunha situación complicada.

O San Ciprián abrirá a xornada mañá, visitando o estadio do Santaballés

Coñece toda a nosa oferta de newsletters

Creamos para ti unha selección de contidos para que os recibas comodamente no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
1 voto
Comentarios

Rivais complicados para o Pontenova, Burela e San Ciprián