«Mariñeiros por un día» en Celeiro

La Voz

A MariÑA

CEDIDA

Escolares visitan a lonxa e o heliporto

16 novs 2018 . Actualizado ás 12:48 h.

Alumnos do Colexio de Celeiro (Viveiro) gozaron da oportunidade de achegarse ao mundo do mar co proxecto «Mariñeiros por un día», que impulsa a Confraría Santiago Apóstolo de Celeiro. Acompañados das súas titoras e dun profesor, visitaron a lonxa celeirense, onde asistiron a unha poxa de peixe. E no heliporto de Celeiro coñeceron outro aspecto relevante para as xentes do mar, o salvamento, vendo o helicóptero e escoitando explicacións dos seus tripulantes.