O Peixes Rubén é o menos goleado dos 110 equipos de Primeira, Segunda e 2.ª B que xa xogaron polo menos catro partidos

La Voz BURELA / LA VOZ

A MariÑA

ALBERTO LÓPEZ

19 oct 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Non hai defensa máis férrea que a do equipo masculino do Peixes Rubén-Burela entre os máis de 100 equipos de Primeira, Segunda e Segunda B que xa disputaron polo menos catro xornadas do campionato de liga. Con cinco goles en contra noutros tantos compromisos ligueiros, o equipo laranxa está a cargo de un ránking que compoñen 16 equipos da máxima categoría, outros tantas da división de prata e 78 da categoría de bronce onde nos grupos 6A e 6B aínda non se acadou a terceira xornada.

O cadro burelista acumula 152 minutos coa portería blindada. O último gol en contra recibiuno no minuto 8 da terceira xornada, cando se impuxo por 4-1 ao filial de Elpozo. Desde entón, nin o Castelló e o Tenerife, no campionato de liga, nin o Prone na Copa do Rey conseguiron bater a súa meta.