Xove promociona os birlos e o Balonmán Galipizza Viveiro ata a Marco F. Arousa

La Voz XOVE / LA VOZ

A MariÑA

PEPA LOSADA

O Concello organiza unhas xornadas para divulgar este xogo

18 oct 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Antes de que dea comezo a trixésima Tirada de Birlos Concello de Xove, a Concellería de Deportes organiza unhas xornadas destinadas a promocionar este xogo tradicional entre alumnos das dúas institucións educativas do municipio. Hoxe haberá unha sesión no IES Illa de Sarón dirixida a 18 alumnos de primeiro de ESO. Terá lugar entre as 13.40 e as 14.30 horas. Mañá, día 19, a xornada trasladarase ao CEIP Pedro Caselles Rollán. O obxectivo é incorporar novos xogadores.

Por outra banda o Balonmán Galipizza Viveiro pechou a contratación do lateral Marco Fernández Arousa. Criado na canteira do Balonmán Lalín, esta será a súa segunda étapa no cadro mariñán.