Seis meses de cárcere e tres anos de afastamento para un acusado de ameazar á súa parella en Foz

La Voz VIVEIRO, LUGO / LA VOZ

A MariÑA

ALBERTO LÓPEZ

Foi xulgado en Lugo

11 oct 2018 . Actualizado ás 14:21 h.

A seis meses de prisión e tres anos de afastamento foi condenado un acusado dun delito continuado de ameazas contra a súa parella en Foz. Foi xulgado onte nunha da salas do Penal de Lugo, nunha vista na que a Fiscalía lle solicitaba un ano de prisión e que se lle prohibise aproximarse á muller ou comunicarse con el por calquera medio durante tres anos.

Segundo o Ministerio Público, conviviron durante cinco anos. Dous anos despois, a muller quixo pór fin á relación e, transcorridos tres anos e medio desde que compartían fogar, «de xeito habitual» el empezou a «atentar contra a integridade psíquica» dela. Ademais, «co fin de atemorizar á vítima, dicíalle ‘Que ía prenderlle lume á casa con ela e co seu fillo', incluído cando o fillo da vítima, menor de idade, estaba diante».

Aínda que eses antecedentes penais non computan neste caso, o agora condenado xa o foi no 2007 nun xulgado da comunidade madrileña, «por un delito de violencia doméstica ou de xénero».

En liberdade en Viveiro

Por outra banda, tras unha acusación supostamente vinculada cun incidente sobre violencia doméstica, o xulgado deixou en liberdade a un home de Viveiro. Interviñeron as forzas de seguridade, despois de recibir unha alerta de que unha muller se queixaban porque a botaron do domicilio común.