O Burela feminino gana nun «tris tras» ao Zaragoza: 2-0

La Voz

A MariÑA

Xaime Ramallal

Cristina noqueó ao Zaragoza no 15? e Lara rematouno só tres minutos despois

06 oct 2018 . Actualizado ás 21:40 h.

P. Rubén-Burela: Ana Romero , Cami, Cilene, Luci, Dany ?quinteto inicial?, Lara Balseiro, Jenny, Cristina, Cris e Jozi

Sala Zaragoza:  Yarie, Jessica, Sarah, Boix, Rapha ?quinteto inicial?, Lioba, Martica, Rivera, Merino, Rocío e Tania

Goles: 1-0, min 15: Luci. 2-0, min 18: Lara Balseiro.

Árbitros: Castro Nantes e Sierra Márquez (Galicia). Amoestaron ás locais Jozi e Dany, e ás visitantes Merino e Jessica.

Incidencias: Ao redor de 600 espectadores no Vista Alegre.

O equipo feminino do Peixes Rubén cultivou unha nova vitoria no seu primeiro partido oficial en casa na nova tempada. Intentaron dominar as burelistas fronte a un recentemente ascendido que se plantou na pista laranxa con valentía e atrevemento, aínda que pecou de falta de experiencia na finalización. No 13, Jenny dispuxo de dúas ocasións de ouro para adiantar ás burelistas, a pase de Luci; a primeira, a porta baleira, fóiselle demasiado e non chegou por moi pouco á segunda. Pero dous minutos despois una das caras novas, a internacional Cristina, estivo moi atenta para sentenciar fronte a Yarie co rexeite a tentativa de Cilene desde a banda. No 18, Lara Balseiro subiu o 2-0 de disparo afastado. Luci, a falta de 33 segundos para o descanso, dispuxo doutra moi boa.

Volveron ao parqué do Vista Alegre as burelistas dispostas a manter a renda, con cambio de Ana Romero por Jozi baixo paus. Dany e Cristina, antes do ecuador, dispuxeron dunhas das mellores ocasións fronte a un rival que viu minguada a súa proposta de xogo ante a ausencia de Rapha, por molestias.