Dentada a Vivemar Petisco, xornadas gastronómicas en Viveiro desde hoxe

La Voz

A MariÑA

PEPA LOSADA

20 sep 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Desde hoxe ao día 23 e do 27 ao 30, este mes Prezo: 2 euros • O ciclo Vivemar que se desenvolve a longo deste mes en Viveiro e que mantén abertas tres exposicións ata o 30, cambia de terzo hoxe e pásase á gastronomía con Vivemar Petisco, xornadas de petiscos que celebrarán os locais Áncora, O Celeiriño, Rancho Mozo, Rolindes e Chiringuito de Celeiro; Arume, Urban, A Quinta, Casa Pepi, Os Leóns, Abadía, O Muro, Nova Fontana e Cornelius en Viveiro; e Bora Bora, Dékada, As Tixolas, Galipizza, Amorne, A Gruta, Sixtie's, Nautae, Aquitania e O Mesón en Covas. Colaboran coa iniciativa da concellaría de Mar e Lucas Requejo o Centro Comercial Histórico de Viveiro, Hostalería de Celeiro e Beiras de Viveiro.