Burela móvese polo medio ambiente

Yolanda García Ramos
yolanda garcía BURELA / LA VOZ

A MariÑA

Pepa Losada

Na actividade de onte buscouse concenciar ás familias para ir camiñando ao cole

18 sep 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Burela celebra a Semana Europea dá Mobilidade. Onte, escolares do CEIP Vista Alegre foron camiñando ata o centro da localidade para visitar a exposición Carapuchiña camiña soa, aproveitando tamén a mañá para percorrer a Casa do Concello onde foron recibidos polo alcalde, Alfredo Llano que lles regalou un pin. Como anécdota, chocou a man aos que estaban en primeira fila e ante a «queixa» dunha nena da segunda tivo que facelo un a un con todos os 28 que estaban presentes. Algúns querían sentarse no salón de plenos «onde che sintas ti», dixéronlle, contou a edila Noelia Ben.