A Xunta prevé acabar en Lugo seis parcelarias este ano e sete en 2019

x.m. p. MONDOÑEDO / LA VOZ

A MariÑA

PEPA LOSADA

Mondoñedo, Alfoz, Baleira e Castro de Rei teñen máis dun proceso en marcha

17 sep 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Seis concentracións este ano e sete o que vén. Os plans de apuntan Medio Rural a que na provincia se rematen 13 parcelarias durante o que queda deste ano e durante o seguinte. Mentres tanto, no que vai de ano non concluíu ningún proceso de reestruturación en municipios da provincia.

Agora están en marcha concentracións en 13 concellos lucenses, con 18 parcelarias en total. En catro -Castro de Rei, Baleira, Alfoz e Mondoñedo- hai dous en cada un: en están Castro de Rei en marcha as de Ramil e Mos; en Baleira, as de e A Braña Fonteo; en Alfoz, a de e O Pereiro-As Oiras Val de Alfoz, e en Mondoñedo, as de Mondoñedo Norte e Sasdónigas.

Neses e noutros municipios, ademais, hai concentracións que afectan a máis dunha parroquia. A denominada Val de Alfoz inclúe seis -Adelán, Carballido, Castro de Ouro, Lagoa, Mor e Reirado-, e a outra que está en marcha nese concello desenvólvese en dous -O Pereiro e As Oiras-. A concentración parcelaria Mondoñedo Norte afecta a tres -Vilamor, Masma e Couboeira-. Esa mesma situación apréciase en concellos onde só hai unha concentración en marcha. En Riotorto está a se desenvolver unha parcelaria que afecta a máis dunha parroquia: neste caso a reestruturación de leiras avanza en e A Órrea en Galegos