Unha longa fin de semana de turismo cultural

La Voz

A MariÑA

Medio centenar de viveirenses foron de excursión a Madrid e Conca

12 sep 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Medio centenar de veciños de Viveiro, Celeiro e Covas viaxaron a fin de semana á capital de España para gozar dunha animada visita cultural, paseando polo barrio dos Austrias e coñecendo o rico legado artístico e patrimonial de Madrid (na foto, o grupo na praza de España). Acompañados de guías tamén se desprazaron ata Conca e a Cidade Encantada.