A subdelegada do Goberno falou con Llano en Burela de seguridade e inmigración

La Voz BURELA / LA VOZ

A MariÑA

«De momento non hai previsión de peche de ningún cuartel», manifestou

04 sep 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, mantivo onte un encontro en Burela co alcalde Alfredo Llano. Neste primeiro encontro falaron de seguridade, de posibles melloras no cuartel da Garda Civil asentado na localidade burelense; tamén trataron a inmigración e a convivencia entre habitantes de tantas nacionalidades, e -en xeral- tamén aproveitaron o encontro para falar de infraestruturas e mesmo de temas de pesca.

Con relación á seguridade e ao cuartel, a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, volveu incidir en que non está previsto eliminar ningún cuartel, «esa previsión non é real; de momento non existe nada neste sentido que deba preocuparnos», sinalaron Llano e Isabel Rodríguez.

Arranxo da estrada

Con respecto á seguridade, en xeral, ambos coincidiron en que «Burela é un sitio tranquilo; a pesar de todo imos celebrar unha xunta local de seguridade proximamente».

O arranxo da estrada da costa ou a situación «penosa» de Feve foron algúns dos temas tratados tamén onte con carácter xeral. Con respecto a Feve, Isabel Rodríguez tratará de xestionar unha entrevista co presidente de Adif. Tamén quedaron en celebrar unha reunión sobre violencia de xénero.

«De momento non hai previsión de peche de ningún cuartel»

«Esa información que saiu non seu momento, foi interesada, pero non é certo»