Investigan a un mindoniense por un incendio forestal con 16 puntos de inicio

viveiro / LA VOZ

A MariÑA

CEDIDA

30 ago 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A Garda Civil imputou en calidade de investigado a un mindoniense, de 61 anos, como suposto autor dun incendio forestal rexistrado o 23 de xullo en Figueiras-San Martiño, en Mondoñedo. Pasou a disposición xudicial. Tras iniciarse a investigación e realizarse un exhaustivo estudo da superficie percorrida polo lume, os graos de carbonización e outros factores, quedou aclarado que o incendio tivo 16 puntos de inicio onde se aplicou unha fonte calorífica externa. Desde a Garda Civil indicaron que a rápida intervención dos medios de extinción foron fundamentais para evitar unha maior propagación do lume.