A Xunta dedicou 192.000 euros a arranxar 8 pistas de Viveiro nos dous últimos anos

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MariÑA

PEPA LOSADA

18 ago 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A Consellería do Medio Rural investiu 192.600 euros na reparación de oito pistas e camiños de Viveiro, segundo a Delegación Territorial da Xunta na provincia. A última foi a mellora da de Alboi, na parroquia de Faro, obra que onte visitou o máximo representante da Xunta na provincia, con autoridades locais.

Ademais dese viario de 1.050 metros, a Xunta tamén financiou arranxos en cinco da parroquia de Magazos, nun de Boimente e noutro de San Pedro. En total, actuou en 3,8 quilómetros de lonxitude.