Hoxe haberá concurso de tortilla en Celeiro de Mariñaos

La Voz

A MariÑA

PEPA LOSADA

18 ago 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A vixésimo terceira Festa dá Tortilla de Celeiro de Mariñaos, en Barreiros, que organiza a Irmandade de San Caetano chegará hoxe ao seu día grande. Entre as 12 e as 13 horas terá lugar a presentación das tortillas para o concurso. Á unha haberá misa na capela e procesión, antes da sesión vermú coa charanga A cabeza non para, de Moaña. Pola tarde, xogos tradicionais, e das 18.00 horas actuará Pakolas para o público infantil. O concurso Máster Tortilla comezará ás seis da tarde, e de noite amenizará a verbena Chechu e Salva e Dúo Diamantes. Despois do «baile do faroliño», a festa popular acabará cunha gran chocolatada.