O Compostela e o Langreo xogan esta tarde o Emma Cuervo

l.r. RIBADEO / LA VOZ

A MariÑA

PEPA LOSADA

Cantarrana acollerá hoxe o Memorial Marcos Gómez con xuvenís de Dépor, Celta e Oviedo

18 ago 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A Sociedade Deportiva Compostela, de Terceira División, e a Unión Popular de Langreo, de Segunda B, disputaranse esta tarde (18.30 horas, Pepe Barreira) o trofeo Emma Cuervo , en Ribadeo. Trátase do segundo torneo máis antigo de España por detrás do Teresa Herrera que organiza o Deportivo da Coruña e que a estas alturas aínda non ten data. Desde a directiva do club ribadense destacan que se trata de «un partido moi interesante porque a estas alturas da pretemporada os equipos xa están máis rodados, e o Compostela é un equipo que ten aspiracións de ascender a Segunda B». «O Langreo é o terceiro equipo de Asturias despois do Spórting de Gijón e do Oviedo, que están en Segunda, e aspira a consolidarse na categoría de Segunda B», apuntan as mesmas fontes. A entrada terá un prezo único de 10 euros, aínda que os menores de 15 anos poderán acceder ao campo gratis. «É un trofeo para axudar ao club», destacan.

Cinco equipos en Viveiro

Doutra banda, no estado municipal de Cantarrana, en Viveiro, celebrarase durante toda a xornada de hoxe a segunda edición do Memorial Marcos Gómez, que reunirá a xuvenís de cinco equipos. Na cita enfrontaranse o Deportivo, o Celta de Vigo, o Real Oviedo, o Viveiro CF sub 21 e o equipo Amigos de Marcos. O primeiro partido comezará ás 11.00 horas, e o último ás sete da tarde.