Alberola, á batuta noutro día musical en Nois

La Voz

A MariÑA

PEPA LOSADA

Dirixe un grupo de clarinetes no Festival Bal e Gai esta noite no Centro Social A Saira

18 ago 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • 20.30 horas • Centro Social A Saira en Nois (Foz) • Todo un luxo non só que veñan á Mariña músicos de nivel máis que destacado, senón que ademais repitan na súa experiencia comarcal. Así sucede co V Festival Bal e Gai que organiza a Asociación Cultural Nois e que de novo conta con toda unha figura no panorama musical, que é actualmente concertista e primeiro clarinete da Mahler Chamber Orchestra. Presentámoslles a Vicente Alberola, que hoxe terá unha cita como director no concerto do grupo de clarinetes, ás 20.30 horas na Saira. No mesmo papel, batuta en man, actuará o próximo día 22 no concerto final do certame que patrocinan, entre outros, La Voz de Galicia.

Alberola formouse con Walter Boeykens, George Pieterson e Larry Combs. Durante máis de 20 anos foi primeiro clarinete da Ópera de Madrid e a Sinfónica de Galicia e foi invitado a tocar en distintas agrupacións e con destacados directores como Riccardo Muti, Andris Nelsons ou Gustavo Dudamel. Dirixiu varias óperas no Teatro Real de Madrid e programas sinfónicos tanto dentro como fóra de España.