Foz celebra toda a xornada o Día de Mondoñedo en Illa Nova

La Voz

A MariÑA

CEDIDA

17 ago 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A asociación Son's Varadero de Foz promoverá hoxe o Día de Mondoñedo no barrio Illa Nova, onde haberá actos ao longo de toda a xornada. Pola mañá actuará un grupo de gaitas, mentres que pola tarde, o salón de actos do hotel Illa Nova será escenario dunha animada conferencia na que se analizará a estreita relación entre ambas as poboacións. Intervirán Rubén Leivas (Mondoñedo) e Xesús do Breogán (Foz), moderados por Pepe Rivera. A partir das 22.00 horas, haberá verbena con Son's Varadero.