Bombeiros de tres parques apagan un incendio no Occidente astur

S.G. / E.G. ASTURIAS / LA VOZ

A MariÑA

CEDIDA POR BOMBEIROS DE ASTURIAS SAIBA

Ardían birlos de herba ao lado dunha casa e dunha granxa con vacas

17 ago 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Pasadas as doce horas do mediodía de onte o Centro de Coordinación de Urxencias do Principado de Asturias recibía unha chamada dun particular alertando de que se estaba queimando unha palleira en Valdés, no Occidente astur. No lugar onde se declarou había cortellos cuns 40 animais e unha casa. O Servizo de Urxencias do Principado de Asturias mobilizou entón un helicóptero de bombeiros e tres vehículos, con base nos parques de Valdés, Avilés e Ibias. Ao lugar acudiron cun vehículo primeira saída, unha autobomba forestal e un vehículo abastecedor.

Unha vez alí, os bombeiros comezaron a actuar sobre o lume, localizado no interior dun local agrícola onde había varios rolos de herba seca. Con axuda de tractores foron retirando tamén os birlos do recinto, para regalos con auga. O incendio foi finalmente sufocado, pero afectou a uns 30 ou 40 birlos e causou danos no local que servía de almacén.