Grazas, grazas a todos

Mari Carmen López Gómez OPINIÓN

A MariÑA

15 ago 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Como presidenta da Asociación Bágoas dá Terra e directora da Mostra Folklórica Internacional de Viveiro, quero expresar, no nome de todos os que formamos a familia Bágoas e no meu propio, a maior gratitude por todas as mensaxes persoais e a través de redes sociais que nos fixeron chegar felicitándonos polos espectáculos que nos días 2, 3, 4 e 5 de agosto promovemos para celebrar o 40 aniversario da Mostra Folklórica Internacional e o 60 aniversario de Bágoas dá Terra.

Sentirnos queridos é o mellor que nos pode brindar a vila de Viveiro, e é así como apreciámolo, despois de tantas e tantas mostras de cariño que seguimos recibindo.

Grazas infinitas ao público, fiel seguidor dos nosos eventos.

Grazas, como non, aos medios de comunicación que fan posible que estes acontecementos non pasen desapercibidos para ninguén.

Grazas, tamén e como non podía ser menos, ás autoridades e invitados que acoden ás nosas citas e que todos eles nos dignifican os actos.

Grazas ás agrupacións musicais que nos acompañaron coas súas voces e instrumentos.

Grazas ao Instituto Maria Sarmiento pola súa boa disposición de acollida aos grupos e por comprender que un centro de ensino contribuíndo á cultura, enriquece a formación integral das persoas.

Grazas, grazas a todos.

Vivir estas experiencias son motivo de traballo pero coa mellor compensación, que é o poder facer algo por e para Viveiro.