Dous meses para montar o paraíso do rock e un para desmontalo

S.S. VIVEIRO / LA VOZ

A MariÑA

PEPA LOSADA

A partir de hoxe comeza a retirada das infraestruturas do Resurrection Fest

15 jul 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A empresa que dirixen os irmáns viveirenses Iván e David Méndez é a impulsora do Resurrection, un dos festivais de referencia no panorama mundial e paraíso do rock. Eloxiada polo público, pola súa organización recibiu o premio ao mellor festival de gran formato da península ibérica. O Resu móntase e desmóntase cada ano na contorna do campo de fútbol de Celeiro. Aí instálase o escenario principal, cun espazo para albergar comodamente a uns 25.000 espectadores. Ademais doutros tres escenarios con menor capacidade, o recinto do festival é, como ben di a organización, un parque temático do rock. Decoración da empresa viveirense Grupo Futures e todos os servizos, infraestruturas e equipamentos necesarios empezaron a montarse hai dous meses. A partir de hoxe queda aproximadamente un para desmontalos.