Un Resurrection «para todos vos públicos»

s. s. VIVEIRO / LA VOZ

A MariÑA

Pepa Losada

O recinto de Celeiro dos espectaculares concertos tamén é un parque temático do rock

13 jul 2018 . Actualizado ás 12:38 h.

Con cen bandas e cabezas de cartel como Kiss, Scorpions ou Ghost, o Resurrection Fest 2018 é un paraíso para os amantes do rock. E tamén «para todos vos públicos», como apunta Iván Méndez, o seu director. O mesmo recinto que alberga espectaculares concertos que atraen a miles de fans é tamén un parque temático, un espazo coa impresionante decoración do viveirense Grupo Futures onde público de todas as idades e gustos musicais pode achegarse á esencia do rock. Á súa estética, nas tendas de roupa e complementos que gustan aos fans; ás súas preferencias culinarias, nos numerosos postos de comidas; ao seu modo de convivir, paseándose entre eles; e aos seus ritmos preferidos, oíndo e vendo os concertos.