Restricións de tráfico e cortes en tramos de rúas fortalecerán a seguridade viaria durante o Resu

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MariÑA

PEPA LOSADA

A avenida de Ramón Canosa no seu tramo entre a LU-862 e o cruzamento coa piscina municipal estará completamente pechada ao tráfico desde as 17 horas do mércores ata que rematen os concertos

11 jul 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

As restricións de tráfico son outro punto importante a lembrar para a seguridade de veciños e asistentes aos concertos. Unha das rúas afectadas será a rúa Lavandeiras, en Celeiro. O tramo desde a antiga conserveira ata a Confraría de Pescadores será de dobre sentido de circulación desde o mércores ás 8 horas ata o domingo.

A avenida de Ramón Canosa no seu tramo entre a LU-862 e o cruzamento coa piscina municipal estará completamente pechada ao tráfico desde as 17 horas do mércores ata que rematen os concertos. O xoves, venres e sábado cortarase o tráfico desde as 13 horas ata que rematen os concertos.

A estrada LU-862 sufrirá desvíos puntuais de tráfico pola noite, sobre todo no horario previo ao termo dos concertos. Efectuaranse na gasolineira de Celeiro e na glorieta próxima á Comisaría da Policía Nacional. O tráfico desviarase pola antiga estrada LU-102 cara a Viveiro.